Unha iniciativa de:

Os contidos axéitanse ao currículo educativo de primaria?Si: participando na Misión ALBA, cubrirás, dun xeito práctico e aplicado, moitos dos contidos esenciais que o currículo indica para os cursos de 5º e 6º. Na guía didáctica atoparás a correspondencia curricular entre o que se traballa en cada reto e o currículo da túa comunidade autónoma.
Cantas sesións lectivas implica a participación no proxecto?Na guía didáctica recóllese unha planificación detallada de sesións e a súa distribución temporal, estimada en 14 sesións lectivas de 50 minutos/1 hora.
Cal é o reto máis axeitado para o meu grupo-clase?Os dous son axeitados tanto para 5º como para 6º de primaria e son independentes: non cómpre facer un deles para realizar o outro. Se non participaches nunca na Misión ALBA, recomendámosche empezar polo primeiro, «Fai visible o invisible», co que cubrirás unha grande parte dos contidos do currículo de ciencias para esta etapa. O segundo ten un enfoque máis interdisciplinar, perfecto para quen xa fixo o primeiro ou teña ganas de traballar dun xeito máis transversal.
Cómpren coñecementos previos en ciencias para titorizar este proxecto?Coa guía didáctica, que ofrece unhas pautas moi detalladas, e a axuda dos programas de traballo, onde a proposta de experimentación está moi desagregada, calquera docente poderá realizar o proxecto sen atrancos. Así e todo, recomendamos revisar ben todos os materiais para familiarizarse cos conceptos e planificar axeitamente as sesións.
Podemos facer os dous retos cun mesmo grupo-clase?Cada equipo (grupo-clase) só pode participar nun reto por curso, pero se tes varios equipos, porque xestionas máis dunha clase, podes traballar un reto con un deles e outro reto co outro.
En que consiste o Kit de Misión Activada ?Envíase un sobre por equipo-clase. O sobre é un detalle que contén unha mostra dalgúns materiais necesarios para facer os experimentos da Misión, así como algunha outra sorpresa para o alumnado. O resto do material para facer a Misión, que é caseiro e doado de conseguir, vai a cargo dos centros escolares. Tampouco inclúe os impresos nin as fichas que traballará o alumnado en clase; estes pódense descargar unha vez dentro da plataforma.
Coñeceremos o día a día do Sincrotrón ALBA?Si: a través dos vídeos poderedes coñecer algunhas persoas que traballan en ALBA e a súa función nesta entidade. Do mesmo xeito, en novembro e maio, como inicio e peche oficiais do proxecto, ofreceranse conexións virtuais en directo co Sincrotrón, onde o alumnado poderá coñecer e facer preguntas a algúns dos membros de ALBA. Ademais, en cada laboratorio sortearase como premio unha videoconferencia coas persoas que vos guiaran nese experimento.
Temos que desenvolver a Misión nun calendario determinado?A Misión desenvolverase do octubro ao maio. Para cada un dos catro laboratorios suxírese un calendario, que está indicado na guía didáctica. Porén, cada grupo pode seguir o ritmo que desexe, malia que para participar nos sorteos de premios cómpre ter resolto cada laboratorio dentro do prazo fixado.
En que linguas están dispoñibles os materiais de traballo?A web de Misión ALBA e todos os materiais didácticos están dispoñibles en catalán, castelán, inglés, éuscaro e galego.
Con todo, os vídeos, formacións e conexións en directo realizaranse en castelán, xa que se farán simultaneamente para todas as escolas participantes.
Podo participar con varios grupos-clase?Si. Dende o teu perfil de docente poderás crear varios equipos e asignar unha misión a cada un deles. Deste xeito, cada grupo-clase terá un espazo diferenciado na plataforma para seguir o seu propio percorrido.
Se temos dúbidas durante o proceso, con quen podemos contactar?Escribide a misionalba@cells.es e porémonos en contacto con vós para darvos apoio no que precisedes.
Ten algún custo para as escolas?Non, a participación na Misión ALBA é totalmente de balde. O centro só deberá asumir o custo dos materiais necesarios para levar a cabo os experimentos. Todos os experimentos deseñáronse para que os materiais sexan doados de conseguir e económicos. Na guía didáctica atoparedes o seu custo aproximado.
Cómpre crear un novo usuario se xa me inscribín en edicións anteriores?Non. O teu usuario e contrasinal continúan vixentes. Podes entrar no teu perfil coma sempre. Lembra que se esqueciches o contrasinal podes restablecelo seguindo a ligazón que aparece na sección de rexistro. Se non lembras o correo co que te rexistraches daquela, envia a túa consulta a misionalba@cells.es.
A participación no proxecto inclúe unha visita ao Sincrotrón ALBA?Non. Aínda que un dos obxectivos do proxecto é ofrecer unha experiencia vivencial ao alumnado, desenvólvese totalmente a través da Internet.
Como funcionan os premios?Todos os alumnos participantes en Misión ALBA que rematen o proxecto recibirán unha pulsera de recordo e poderán participar na emisión en directo de YouTube co persoal do sincrotrón. Ademais, hai premios extra asociados aos laboratorios que se deciden por sorteo (videollamadas e camisetas do proxecto).