As nosas reflexións despois de resolver o laboratorio 1 son as seguintes: 1. Cando mesturamos bicarbonato e vinagre fai unha reacción química que produce CO2. Dependendo da cantidade que empreguemos inflaranse máis ou menos os globos con este gas. 2. Para que unha candea se manteña acesa ten que ter osíxeno cera e calor (o chisqueiro) se lle quitamos un deles apagase a candea . Por iso, cando botamos o CO2 que está dentro do globo, desprazamos o osíxeno e a candea apagase. 3. Cando metemos as candeas no vaso de precipitados, apagouse case ao chegar o fondo xa que, o gas que sae do globo (CO2) é máis denso e por iso vai o fondo. Polo tanto, o que apagou as candeas e un gas que é invisible pero que existe. E nós con este experimento demostrámolo.
Para que o circuíto eléctrico funcione todos os elementos deben ser conductores e estar conectados correctamente para que sexa un circuíto cerrado. Cando introducimos elementos non conductores, como o papel ou o plástico non se encende a bombilla porque se corta o fluxo de correntes. Cando acercamos dous imáns poden atraerse ou repelerse sen necesidade de tocarse. Esto ocorre tamén cando os acercamos ao compás, xa que a súa agulla está imantada e funciona atraída polo "imán" terrestre. Cando acercamos un imán potente ao compás ou a rodeamos cun circuíto eléctrico que simula o imán deixa de estar atraída polo campo magnético da Terra. O magnetismo é a forza misteriosa que move a agulla do compás.